HOMEPAGE     |     INICIO     |    INTERCAMBIOS     |   OTRAS ACTIVIDADES     |

 
ESLOVAQUIA

Nome:  María José Louzao Martínez
País:  Slovakia
Cidade:  Kosice
Hospital:  Medical Faculty of Jozef Safarik University
Departamento:  Medicina Interna
Médico responsable:  Thomas Hildebrand
Data de realización:  Xullo 2003

As prácticas consistían na asistencia ó hospital de luns a venres de 8 a 14 horas cun descanso de 12 a 13 para comer.
Eramos un grupo de 4 persoas e estivemos rotando polos distintos servicios de medicina interna ó cargo de varios médicos que nos asignaba o noso supervisor.
O noso labor era básicamente acompañar ó médico nas súas tarefas cotiás , tanto pasando visita como realizando probas diagnósticas.
As distintas rotacións e as actividades que puidemos levar a cabo nas mesmas son as seguintes:

DIXESTIVO: 

1.- Visita a pacientes con :
- hepatopatías - a maior  parte debidas  ó elevado consumo de  alcohol- no departamento de Coidados metabólicos
- anemias
- tumores

2.- Observación da realización de probas diagnósticas: 
 - gastroscopias
- colonoscopias 
- ecografías
 
CARDIOLOXÍA:

1.- Visita a pacientes, estudio do seu ECG e auscultación 
2.- Observación da realización de probas diagnósticas: ecografía,  eco transesofáxica e transtorácica. 

HEMATOLOXÍA:

1.- Visita a pacientes con leucemias, linfomas... e pacientes críticos de coidados intensivos.
2.- Visita ó departamento de doazón, procesamento , almacenamento e conservación do sangue.
3.- Observación da realización de probas : mostras de sangue e biopsias de médula ósea.

Ó rematar cada día de prácticas soíamos comentar co supervisor as nosas impresións acerca do traballo realizado e dos distintos casos clínicos que observabamos.
 

Volver al índice





 

|   MEIGA es el comité local de IFMSA-Spain en Santiago de Compostela   |   Última Actualización: 16-II-04   |   Webmaster  |